1) Que é a hidrosfera? a) A parte da terra formada por montañas b) Son os continentes do planeta c) Todo o conxunto de auga que hai na Terra. 2) Que tipo de auga ocupa a maior parte da Terra? a) Auga doce b) Auga salgada c) auga en forma de xeo 3) Que son os océanos? a) Grandes masas de auga salgada b) Pequenas masas de auga salgada c) Ríos que desembocan no mar 4) Cantos océanos existen na Terra? a) Tres b) Catro c) Cinco 5) Cal destas opcións describe un lago? a) Masa de auga doce rodeada de terra. b) Terreo rodeado de auga. c) Unha entrada de auga salgada no interior da terra. 6) Como se chama a auga doce que se acumula baixo terra? a) Acuíferos b) Glaciares c) Leitos 7) Cal é a función das correntes mariñas? a) Levar as augas cálidas aos trópicos e as augas frías aos polos. b) Erosionar as praias, baías e acantilados. c) Levar as augas frías aos trópicos e as augas cálidas aos polos. 8) Que son as mareas? a) A forza das ondas sobre as praias. b) O ascenso e descenso do nivel do mar. c) Ondulacións na superfcie da auga. 9) Que afecta á altura das ondas? a) A dirección e forza do vento. b) A cantidade de auga. c) As mareas e correntes mariñas. 10) Como se chama o lugar por onde pasa a auga dun río? a) Leito b) caudal c) desembocadura 11) Que nome recibe a cantidade de auga que leva un río? a) leito b) caudal c) lonxitude 12) Que nome recibe a distancia que percorre un río dende o seu nacemento ata a desembocadura? a) leito b) caudal c) lonxitude 13) Que parte dun río adoita estar máis preto do mar? a) alto b) medio c) baixo 14) Que ocorre no curso alto dun río? a) O río deposita os materiais que arrastra durante o seu percorrido. b) O río circula lentamente e forma grandes curvas chamadas meandros. c) O río discorre rapidamente polas montañas, e o caudal é escaso. 15) Por que aumenta o caudal no curso medio do río? a) Porque recibe a auga dos afluentes. b) Porque o río nace nesa parte. c) Porque deposita os materiais arrastrados. 16) Que son os meandros? a) Curvas grandes realizadas polo río no curso medio. b) Ondas que forma o río. c) Estruturas feitas polo ser humano para controlar os ríos 17) Como son os ríos que desembocan no mar Mediterráneo? a) Curtos e irregulares b) Longos e caudalosos como o Ebro c) Curtos e escasos 18) Cal destes ríos NON desemboca en el océano Atlántico? a) Douro b) Guadiana c) Nervión

Leaderboard

Visual style

Options

Switch template

Continue editing: ?