GHOSTING - Práctica que consiste en deixar de ter contacto e calquera comunicación con outra persoa ( parella, amizades, familiar,etc) e facelo sen avisar, PHUBBING - Feito de ignorar a unha persoa para concentrarse na tecnoloxía móbil, tablet ou calquera dispositivo, SEXTING - Recepción ou transmisión de imaxes ou videos  que conleven un contido sexual a través das redes sociais ou dispositivos móbiles con o sen autorización , NOMOFOBIA - Medo incontrolable a estar sen o teléfono móbil, GROOMING - Práctica de ciberacoso sexual na que unha persoa adulta engana a unha menor cunha finalidade sexual , PHISHING - Técnica que consiste en enganar a persoa co propósito de compartir contraseñas, tarxetas de créditos ou toda aquela información confidencial, FOMO - Medo a sentir que estou perdéndome algo importante ou non gozar de algo  que fan os e as demáis, SHARENTING - Práctica que realizan os pais e nais que consiste en compartir todos os momentos de crecemento dos seus fillos e fillas, VAMPING - Feito de empregar a tecnoloxía a hora de deitarse ou de madrugada reducindo polo tanto as horas necesarias para o descanso, SMOMBIE - Persoa que camiña despacio coma un zombie porque está máis pendente do móbil que do entorno, CIBERMISOXINIA - Discursos de odio que invitan a violencia, discriminación e desigualdade contra as mulleres nos entornos dixitais, STREAMER - Persoa que xoga ou comenta o videoxogo en vivo ou en liña difundidoo a través dunha plataforma, YOUTUBER - Persoa que xestiona e compón o seu propio contido empregando Youtube como medio de comunicación, STALKEAR - Investigar, ciberespiar ou cotillear a alguén a través de internet ou plataformas dixitais,

Leaderboard

Visual style

Options

Switch template

Continue editing: ?